FELIPOP 2008 (X Aniversario)

Xoves 7 Agosto

MISS BLACK EMOTION (Castellón)

Venres 8 de Agosto

CONTRASTES (Santiago)
MAGÍN BLANCO E BURGAS BEAT (Ourense)
THE COAL PORTERS (Londres)
COLIN HARE E HONEYBUS (Londres)
DOCTOR DIVAGO (Valencia)

Sábado 9 de Agosto

FEEDBACKS (Xixón)
SUPER RATONES (Buenos Aires)
DANIEL WYLIE  (Glasgow)
LOS MARAÑONES (Murcia)
LA GRANJA (Palma de Mallorca)

4 comentarios9 de Abril, 2008

Dobarrismo

Mércores 8 Agosto no Local Social, primeiro andar

22:00 Mesa redonda sobre Andrés do Barro e presentación do CD  “Manifesto Dobarrista”.

Portada Dobarrimo

Falarán:

Xurxo Souto, director de programas da Radio Galega
Noel Feans da Regueifa Plataforma http://aregueifa.blogspot.com/
Anxo Fernández, director do documental “O tren que me leva” do que proxectaremos o trailer http://www.otrenquemeleva.com/
Sergio Lago do selo Falcatruada http://www.falcatruada.com/
Xavier Alcalá, escritor e amigo

E ademáis actuacións en acústico de Boy Elliott, Roger de Flor e amigos, Jules e Catherine e quizais Los Huéspedes Felices.

Aforo limitado a 100 persoas

1 comentario6 de Agosto, 2007

Repasando.. que xa estamos ahí.

Para os que gusten das fotos e das descripcións máis refinadas, poden atopa-la info completa das actuacións teatrais e dos grupos que participan na edición deste ano nas seccións “Cartel” e “Teatro“.

1 comentario2 de Agosto, 2007

Gotcha! Festa Felipop Sábado 21 de Xullo

Flyer Festa Felipop

Este sábado estaremos bailando unhas pezas no Playa Club da Coruña a modo de festa de pre-quencemento. Qué mellor modo de inicia-la conta atrás para o Felipop deste ano. Estades todos invitados!

Haberá sopresas. Estade atentos!.

Comentar18 de Xullo, 2007

A SEMANA CULTURAL DA A.C. FELICIA

A partir deste ano temos a intención de converter o Felipop no punto e final dunha semana dedicada a distintas actividades. As que programamos para esta edición inclúen dende a maxia  ata o teatro, pasando por unha mesa  redonda. Se todo segue o seu curso A SEMANA DA A.C. FELICIA queda como segue:

NA HORTIÑA

Luns 6 Agosto

20:45 h.: Estropicio  (Maxia Cómica).

22:00 h.: Compañía Mariclown co seu espectáculo “A Vida de Rosa” (Teatro Cómico).

Martes 7 Agosto

20:45 h.: Fredi co seu espectáculo “Circanelo”. (Novo Circo).

22:00 h.: Compañía San&San co espectáculo “Bar”. (Teatro Cómico)

Mércores 8 Agosto

Presentación do CD homenxe a Andrés do Barro “Manifesto Dobarrista” con mesa redonda e alguhna que outra sorpresa.

Xoves 9 de agosto en Casa Ardá

Festa prsentación do Felipop 2007 con COMBO DINAMO

Venres 10 Agosto na Pista Polideportiva

JONSTON 
BIG CITY 
LA BÚSQUEDA 
THE WOODENTOPS 

Sábado 11 Agosto na Pista Polideportiva

DEHRA DUN 
OCTUBRE 
ROSS
LOS IMPOSIBLES
SEÑOR MOSTAZA 

Máis información en breve neste mesmo sitio….

1 comentario13 de Xullo, 2007

CARTEL DEFINITIVO (Se non pasa nada)

XOVES 9 DE AGOSTO

COMBO DINAMO ( A Coruña)

VENRES 10 AGOSTO

JONSTON  (Madrid)
BIG CITY (Zaragoza)
LA BÚSQUEDA (Mallorca)
THE WOODENTOPS (Londres)

SÁBADO 11 AGOSTO

OCTUBRE (Murcia)
DEHRA DUN (Valladolid)
LOS IMPOSIBLES (Madrid)
SEÑOR MOSTAZA (Valencia)

…agora todo está nas mans de Daniel…

16 comentarios18 de Maio, 2007

As Bandas do Felipop de Inverno

SINFONOLA 2000

A “Sinfonola 2000″ impúxose na segunda metade dos setenta en boa parte dos bares da volta coma a máquina de discos -o anglicismo Rockola era alleo para todos nós- que máis molaba pois chegaba ás cen seleccións, dez letras e dez números, todo un luxo, 50 singles coas súas respectivas caras B, en Barallobre tiñamos unha no bar A Solana que foi unha boa fonte de aprendizaxe.

Sinfonola 2000

Este e o nome elexido por o noso vello coñecido Santi Campos e os seus imaxinarios amigos para saír un pouco da rutina e facer versións de todo tipo, das bandas que os motivan cando non se dedican as súas propias músicas, de The Band a Steve Earle, de Gram Parsons ós Violent Femmes, sempre co ese toque Campos.

Lembrade que o día 30 estarán tamén na Coruña no Mardi Gras tocando as súas composicións por se non quedades satisfeitos.

THE HOMENS

Esquivando manchas de humidade, saltando entre cacharros con máis ou menos utilidade, abrindo e pechando candados para pasar dun local a outro, boa parte da fecundidade musical de Santiago D.C. reside de xeito permanente na Casa Xurásica.

The Homens

Deste reduto creativo saíron moreas de bandas da escena de Compostela, pero os que nos interesan son The Homens, un grupo de power pop formado a finais do 2004 por Xocas (baterista), Roi (baixo e voz) e Martin Wu (guitarra e voz) autores dunha das grandes cancións galegas da década “Amor e non Acrobacias”.

Fillos do post-core e namorados dos grupos da nova onda británica de finais dos setenta, armados de guitarras ruidosas e tamén de sensibilidade melódica,  The Homens amárranse a un repertorio positivo para ofrecer un dos directos máis cachondos da volta.

3 comentarios6 de Decembro, 2006

Felipop de Inverno

Cartel do Felipop de Inverno

Edición de Inverno 2006

Venres 29 de Decembro ás 23:00h

Casa Ardá - Limodre

3 comentarios13 de Novembro, 2006

RAFAEL TRABUCHELLI

trabuchelli.JPG 

Este 2006 vai pasar á historia da música pop como un ano cenital no referido á desaparición de músicos e artistas de primeiro nivel. Un dos últimos nesta nómina cada vez máis ilustre (Syd Barret, Arthur Lee, Grant McLennan, Hilario Camacho, Wilson Pickett…) foi Rafael Trabuchelli (ou tamén Trabucchelli). Falar deste milanés asentado en Madrid é facelo do primeiro gran produtor co que contou a industria musical española, un creador capaz de facer, hai 40 anos, éxitos a eito, descubrindo a novos grupos e artistas e mellorando considerablemente o son de todos eles co coñecido como “Sonido Torrelaguna”. Nacido en Milán, Trabuchelli trasladouse a España aos cinco anos. Con quince estudiaba no Conservatorio de Madrid ao tempo que facía montaxes musicais na radio. Despois de casar volveu a Italia e, novamente, regresa a España a comezos dos anos 60. No ano 65 substitúe a Enrique Garea como director artístico e produtor do selo Hispavox, que transforma nos seguintes dez anos, chegando a gravar máis dun milleiro de discos e ducias de éxitos populares. A súa chegada coincide coa construcción na rúa Torrelaguna, preto da Avenida de América madrileña, dun alboio de 200 metros cun equipo de gravación moderno para a época e o país. Alí, Trabuchelli contrata como axudante a Waldo de los Ríos e ao enxeñeiro de son chileno Michael Lewellyn Jones, gravando anualmente unha media de cen discos. Un son diáfano á altura das produccións europeas da época, unha potente sección de ventos e unha elegante instrumentación foron postas ao servizo de artistas e grupos que debutaron cun envoltonio de luxo ou ben que viron mellorar a producción dos seus discos dun xeito notable. O debut de Trabuchelli nas listas de éxitos, que dominou durante unhadécada, foi no ano 65 con “La yenka” do dúo holandés Johnny & Charley. O ronsel con bandas novas segue con Los Ángeles, Los Pasos, Los Módulos ou os Pic Nic de Jeanette que publican o excelente LP “Cállate niña” (68) con ese tema homónimo que segue sendo unha das cancións máis crueis da historia: a bronca a unha cativa que chora porque lle morreu a nai. Estarrecedor, aínda que a envoltura sonora sexa deliciosa. No canto de artistas máis populares, Trabuchelli fai marabillas con Raphael, con Karina e os seus baúles e frechas do amor e reconverte por completo o son de Los Pekenikes que a partir do ano 66 son unha factoria de pezas deliciosas con, entre outras,”Hilo de seda”, “Frente a palacio”, “Tren transoceánico a Bucaramanga”, título digno de Los Huéspedes Felices, ata a súa etapa setenteira con “Palomitas de maíz”. Un dos cumios do seu labor en Hispavox o representa o traballo con Miguel Ríos que nesta época fai as súas cancións máis memorables, “Vuelvo a Granada”, “El río”, “No sabes cómo sufrí” ata o multiventas “Himno a la alegría”. Xa nos 70´s continúa tendo éxitos con grupos como Módulos ou non téndoos con produccións hoxendía clásicas como os traballos con Solera, Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán. Canda estes artistas, Trabuchelli tamén descubriu a outros moitos que formaron a tripulación mainstream do pop patrio desde os anos 70, falamos de Mari Trini, Paloma San Basilio, José Luis Perales ata ir perdendo o norte a partir da venda de Hispavox a EMI no ano 75. Mellor esquecer os traballos con artistas tipo Patricia Kraus e o seu “No estás solo” que logrou un meritorio 19º posto no festival de Eurovisión de 1987, ou a mexicana Yuri versioneando en español aos Culture Club, “Karma Kamaleón” (84). Foron anos nos que traballou arreo nos estudios de Torrelaguna onde papaba unha media de tres paquetes de Camel ao día, algo no que tivo bastante ver o que lle sucedeu a semana pasada. En 2003 a Academia de las Artes y las Ciencias de la Música (sic) premiou o seu labor, galardón que o hispano-italiano non puido recoller polos devanditos problemas de saúde. Como anécdota destacar que Paco Poza dos Imposibles tivo un flirt cunha das súas fillas, ou eso decía él. Un saúdo alí onde estea.

Comentar9 de Outubro, 2006

Rolling Stone

Isto apareceu publicado na “prestixiosa” Rolling Stone, edición de setembro, sección “Esto es lo que pasó…”, por Babas e Turrón

LittoNebbia
“Profeta en su tierra, no aquí”

Litto Nebbia es, para entendernos, el Miguel Ríos argentino. Un tipo enorme que lo es y lo ha sido todo en su país. Visto así, sorprende enterarse de lo que ocurrió en el festival Felipop de este año celebrado en A Coruña. Resulta que cuando le tocó salir al bueno de Nebbia nadie de allí le conocía y la gente no paraba de hablar, tanto que ni el mismo se escuchaba. En mitad de la tercera canción, muy educado, se retiró del escenario. Cuentan que en el camerino estaba hundido. Él pensaba que tendría más seguidores en nuestro país. “Es la primera vez en mi vida que abandono un escenario”, dijo. Lo más triste fue ver que en el momento en que se marchaba del escenario, la gente ni aplaudió, ni pitó: daba igual lo que pasara

8 comentarios30 de Setembro, 2006

Previous Posts


¿Ónde?, ¿Cánto?, ¿Cómo?

As Bandas

Fotolog.com

Agréganos!

Patrocinan